A provincia de Ourense lanza a súa marca e estratexia turística ante a chegada do AVE

Estratexia e Marca Turística.
A provincia de Ourense lanza a súa marca e estratexia turística ante a chegada do AVE
A marca pivota ao redor das catro fortalezas do territorio ourensán: patrimonio, natureza, enogastronomía e, termalismo, como factor diferencial, representados todos eles na grafía “OU

A Deputación de Ourense a través do Inorde vén de lanzar un novo marchamo, “a través do cal expresamos a nosa vocación turística. Tras a marca “OU” atópase un territorio integrado po 92 concellos e as súas iniciais son suficientes para resolver unha necesidade gráfica. Con dúas letras pretendemos anclarnos na mente do visitante, porque sintetizan a nosa identidade, nunha provincia xenuina, capaz de conservar a súa autenticidade”, explicou Manuel Baltar. No acto de presentación, que tivo lugar hoxe no Castelo de Monterrei, tamén participou a xerente do Inorde, Emma González.

Ás - 12.00 horas: Estratexia e Marca Turística.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da Axencia de Turismo de Galicia, Alfonso Rueda; e a xerente do Inorde, Emma González, presentarán a estratexia e a marca turística da provincia de Ourense. Lugar: Castelo de Monterrei. Ao acto asistiron medio cento de representantes institucionais e empresariais, “porque o obxectivo é que todo o sector se sinta representado baixo esta marca paraugas, e que o ámbito privado se una mediante a creación dunha Mesa do Turismo para abordar este momento crucial”, sinalou o presidente do goberno provincial.
“A marca turística de Ourense pivota sobre catro eixos que son os produtos cabeceira do territorio: natureza, patrimonio, enogastronomía e, por suposto, termalismo como ese gran factor diferencial”, salientou Baltar, quen lembrou a importante presenza de Ourense en institucionais internacionais como a Asociación Europea de Cidades con Patrimonio Termal Histórico e o Foro Termal do Eixo Atlántico. A estratexia e o branding son presentadas “nun momento clave, coa inmediata chegada da Alta Velocidade que metamorfoseará o sector turístico provincial e do noso rural, ao converternos máis ca nunca na porta de entrada a Galicia e situarnos a pouco máis de dúas horas da capital de España, un dos nosos mercados de proximidade máis importantes”.

Natureza, patrimonio, enogastronomía e termalismo.

Manuel Baltar fixo un repaso pola riqueza patrimonial, natural, etnográfica e termal da provincia, e lembrou que este territorio conta con 72 Bens de Interese Cultural, 2 Camiños de Santiago oficialmente acreditados (Vía da Prata e Camiño de Inverno), 21 espazos naturais protexidos, 4 Rutas do Viño, xa que contamos con catro das cinco Denominacións de Orixe de Galicia, un Destino Starlight e 20 Festas de Interese Turístico Galego, 3 de Interese Turístico Nacional e unha delas Internacional coma é o Entroido de Xinzo; estando as portas deste recoñecemento tamén a “Festa do Pulpo” do Carballiño.

Ás - 12.00 horas: Estratexia e Marca Turística.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da Axencia de Turismo de Galicia, Alfonso Rueda; e a xerente do Inorde, Emma González, presentarán a estratexia e a marca turística da provincia de Ourense. Lugar: Castelo de Monterrei.