miércoles. 06.07.2022

A provincia de Ourense participa por primeira vez no Iberian MICE Forum

Esta participación correspóndese á estratexia que se esta levando a cabo dende o goberno provincial para impulsar o sector turístico. Aproveitase a chegada da Alta Velocidade para converter á provincia nun destino de referencia de congresos e incentivos, a través do Inorde.

Sin título
Iberian MICE Forum

Por primeira vez, a provincia de Ourense promociónase na XXXII edición do Iberian MICE Forum. Este evento, rematou onte tras reunir a máis dun cento de participantes de todo o país en Xixón durante tres días. É un dos principais eventos do sector turístico de España e Portugal.

Esta participación deébese á estratexia que se está a seguir dende o goberno para aproveitar a chegada da Alta Velocidade. Desta maneira pretende converter Ourense nun punto de referencia para o turismo de congresos e incentivos, a través do Inorde. Esta é unha das actividades que se desenvolve desde dito organismo provincial grazas á partida de 30.000 euros que a Deputación de Ourense destinou na última modificación de crédito co obxecto de impulsar o denominado Turismo MICE (turismo de negocios que engloba reunións, incentivos, conferencias e exposicións).

Sin título

O Iberian MICE Forum incluíu máis de 30 citas de traballo nas que a representación  da provincia de Ourense logrou establecer contacto con axencias especializadas en viaxes de incentivos e corporativos, organizadores de congresos e outras empresas provedoras do sector, dando a coñecer os seus espazos e recursos singulares para atraer eventos.

Sin título

As persoas que asistiron a este foro cabe destacar que, no ámbito da oferta, presentáronse máis de 60 provedores de servizos MICE ibéricos como grupos hoteleiros, propiedades individuais, DMC, centros de congresos, padroados de turismo e oficinas de convencións. E participantes da parte de demanda, déronse cita 45 compradores MICE de toda Europa das seguintes categorías: axencias de eventos e comunicación en vivo, axencias de viaxe, empresas e asociacións internacionais, empresas de tecnoloxía, empresas de marketing.