sábado. 25.03.2023

O PSDEG-PSOE CELEBRA UN ENCONTRO EN XINZO DE LIMIA CO COLECTIVO DE EMIGRANTES RETORNADOS PARA INFORMALOS DA DESFEITA OCASIONADA POLA POLÍTICA FISCAL DO PP

Hoxe mércores a partir das 20 horas, na Casa da Cultura desta vila ourensá, os socialistas falarán, entre outros asuntos, da nova tributación do IRPF ou da homologación das pensións de incapacidade

ELVIRA LAMA2

O PSdeG-PSOE celebra mañá mércores un encontro en Xinzo de Limia co colectivo de emigrantes retornados, para informalos, entre outros asuntos, da desfeita ocasionada pola ELVIRA LAMA2política tributaria e fiscal do anterior Goberno central do PP, e para explicarlles alternativas logo do sistema de intimidación e acoso que sufriron por parte do executivo liderado por Mariano Rajoy. Os socialistas de Ourense levan tempo achegando apoio e solucións a este numeroso colectivo afectado por unha aplicación da lei tributaria baseada na desinformación e no enrocamento burocrático, tendo que acudir ós tribunais para acadar a anulación das sancións impostas e as devolucións de cobros indebidos de taxas.

Mañá mércores a partir das 20 horas, na Casa da Cultura desta vila ourensá, os socialistas falarán, entre outros asuntos, desa pésima política fiscal; da nova tributación do IRPF ou da nova taxa do cinco por cento a pensión que cobra de Alemaña. Así mesmo tratarán a homologación das pensións de incapacidade e o xeito de tramitar a axuda a dependencia en Alemaña. No acto estarán presentes, entre outros, o secretario provincial de emigración, Luis Gulín, e a deputada e portavoz municipal do PSdeG-PSOE en Xinzo, Elvira Lama.