O PSDEG-PSOE denuncia no pleno do concello de Bande a “chapuza” da construción de beirarrúas por parte do plan de obras da DEPUTACIÓN

IMG-20200207-WA0023
O PSDEG-PSOE denuncia no pleno do concello de Bande a “chapuza” da construción de beirarrúas por parte do plan de obras da DEPUTACIÓN

Os socialistas denunciaron os diferentes erros das obras e acadaron o compromiso do grupo de goberno do Partido Popular para reclamar a Deputación que poña arranxo o que consideran “unha auténtica chapuza”

O PSdeG-PSOE denunciou no pleno de onte do Concello de Bande a “chapuza” da construción de beirarrúas por parte do plan de obras provincial da Deputación, que se están a levar a cabo no municipio. Os socialistas criticaron a situación e denunciaron moitas deficiencias que están xerando graves problemas a veciñanza de Bande e dificultando a súa mobilidade. O grupo local do Partido Popular estivo de acordo coas demandas do grupo municipal socialista e comprometeuse a dar conta a Deputación para que poña solución a algo que os socialistas consideran “unha auténtica chapuza”.

Os socialistas denunciaron que en estas obras “hai muros mal feitos e que xa están a caer, as beirarrúas figuran sen cotas no proxecto e están mal executadas, hai postes de un metro de diámetro no medio das beirarrúas que dificulta a mobilidade da veciñanza xa que hai moita xente maior que ten que esquivalas baixando a calzada, non poden pasar co carro da compra, ou mesmamente cun carriño de crianza”, subliñan dende o grupo municipal socialista.

IMG-20200207-WA0024O PSdeG-PSOE en Bande tamén destaca máis problemas nas obras de beirarrúas nas que “hai desniveis do máis do 20%, cando por normativa deberían ser do 3”, o ancho é de un metro cando debería ser de 1,80, os bordillos teñen unha altura de 26 centímetros cando tiña que ser de 14 e hai cables o descuberto co perigo que supoñen os veciños e veciñas, polo que coidamos que é unha auténtica chapuza e que se debe solucionar canto antes”, apuntan os socialistas.
Os socialistas celebran que o alcalde lles dera a razón e aceptara as súas demandas e apuntan que afirmou que “se compromete a dar instancia a Deputación para que o arranxe é que a culpa era do director de obra”.
Preguntas sen resposta e convocatoria de plenos
Outro dos puntos candentes dun pleno que foi solicitado polos socialistas de xeito extraordinario fixo referencia a organización dos plenos. O PSdeG-PSOE denunciou que o alcalde levaba sen convocar un pleno dende setembro, cando se comprometerá a facelo con regularidade. “Neste punto o alcalde deu a razón e recoñeceu o seu erro e que a partir de agora optaría por convocar plenos ordinarios tal e como acordamos no pleno de organización”.
Os socialistas tamén lle afearon o rexedor do Partido Popular polas preguntas rexistradas e feitas no último pleno en setembro e que seguían sen resposta, e o alcalde afirmou que “daría resposta con maior brevidade. Os socialistas tamén lle cuestionaron en pleno por varios temas, sen obter resposta e remitíndoos a unha resposta por escrito.

No relativo as preguntas, o grupo municipal cuestionou pola pregunta realizada en xullo de 2019 relativa a empregados municipais, funcións que realizan, subvención e duración de contratos, o que o alcalde respostou que “estaban pendentes de enviarlles a resposta por escrito”. Os socialistas tamén aproveitaron para cuestionarlle pola limpeza de fosas sépticas, rexistro das horas extras e complementos dos traballadores municipais ou recadación e pago de taxas. Os socialistas agardan que o alcalde “nos dea resposta a maior brevidade posible”