O PSDEG-PSOE LAMENTA QUE O ALCALDE DO PP SE CONFORME CUN SIMPLE LAVADO DE CARA DO CENTRO DE SAÚDE DE XINZO NO LUGAR DE MELLORAR A ATENCIÓN SANITARIA

Centro de Saúde de Xinzo
O PSDEG-PSOE LAMENTA QUE O ALCALDE DO PP SE CONFORME CUN SIMPLE LAVADO DE CARA DO CENTRO DE SAÚDE DE XINZO NO LUGAR DE MELLORAR A ATENCIÓN SANITARIA

Os socialistas critican a Manuel Cabas por non reclamar ó conselleiro maior dotación de persoal facultativo e por conformase cunha simple promesa de chapa e pintura a pesar da falta de persoal

O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia lamenta que o alcalde do PP se conforme cun simple lavado de cara do centro de saúde, no lugar de reclamar unha maior dotación de persoal facultativo, unha situación que coñece á perfección xa que o rexedor exerce como médico neste ambulatorio que presta servizo a máis de 20.000 persoas da Limia. Os socialistas cuestionan que Manuel Cabas se reunise co conselleiro de Sanidade é regresase á vila só cun investimento pírrico que, sendo benvido, non permitirá solucionar as eivas e grandes demoras nas citas para o médico de familia ou no servizo de fisioterapia.

A portavoz municipal, Elvira Lama, denuncia a “pouca altura de miras e o vergoñento sometemento de Cabas ás Instantánea - 257ordes dos seus xefes políticos ante unha necesidades de mellora imprescindibles”. Segundo explica a concelleira e deputada provincial, na actualidade estanse a producir demoras de ata unha semana nas citas para o médico de cabeceira, longas agardas sobre as horas establecidas para esas citas ou atrasos de dous meses para recibir atención de fisioterapia. “É incomprensible que sendo médico nese mesmo centro de saúde, Cabas ignore ás demandas dos seus veciños, veciñas e compañeiros de traballo, e volva á Xinzo aplaudindo un simple cambio de fiestras e unha limpeza xeral”. “Con esta actitude vólvese cómplice da pésima situación que á Xunta está a provocar na sanidade pública galega”, destaca.

Lama recorda que, por exemplo, o Sergas impón un único fisioterapeuta que está a atender a medio centro de persoas, ou que unha única enfermeira presta toda a atención pediátrica o que, a todas luces, impide ofrecer unha atención de calidade plena, a pesar dos importantes esforzos e do bo traballo realizado polos empregados públicos. Na actualidade, este centro de saúde –que tamén funciona como PAC– dispón de cinco médicos polas mañás e tres polas tardes. Sen embargo, un deles marchou e non hai substituto. Ademais, un único fisioterapeuta e unha auxiliar deben atender todas as demandas de servizos de fisioterapia e rehabilitación, o que provoca longas esperas de varios meses para obter cita. “O final a xente que precisa desas atencións por prescripción do seu médico, marcha ós fisioterapeutas privados porque obteñen a cita cando xa non a precisan”, relata a concelleira.

“Demandamos máis traballo e menos propaganda porque a fotografía do alcalde co conselleiro non vai solucionar as importantes eivas de persoal e o desmantelamento da sanidade pública que o PP impulsa sibilinamente desde hai anos”, asevera a portavoz. Os socialistas recordan que o persoal dos PAC irá á folga en outubro e novembro para pedir equipos completos, criterios obxectivos para a distribución do persoal e para acabar coa derivación hospitalaria. “Cabas, como médico que é, debería pedirlle á Xunta de Galicia maior dotación de persoal facultativo para o centro de Xinzo que coñece ben e non soamente chapa e pintura”, conclúe Lama.