O PSDEG-PSOE de LOBIOS insta á alcaldesa a que lle solicite a Sanidade un cribado masivo en todo o municipio ante o aumento de casos nos últimos días

David Fernández-Concelleiro do PSOE en Lobios
O PSDEG-PSOE de LOBIOS insta á alcaldesa a que lle solicite a Sanidade un cribado masivo en todo o municipio ante o aumento de casos nos últimos días

O concelleiro do PSdeG en Lobios, David Fernández esíxelle a alcaldesa “seriedade ante a situación” e que “se poña canto antes a xestionar para evitar consecuencias peores”

O PSdeG-PSOE de Lobios insta á alcaldesa a que realice as xestións pertinentes e oportunas diante da Consellería de Sanidade para solicitarlle un cribado masivo e con carácter de urxencia no municipio que determine o alcance da pandemia. Os socialistas consideran que co aumento de casos nas últimas datas, nas que xa se detectaron 31 novos contaxios e cunha incidencia por riba do 250, “é de vital” importancia un cribado para “determinar o alcance da pandemia e detectar posibles casos de persoas asintomáticas”.

Os socialistas pídenlle a rexedora que “non se dedique só a informar sobre o número de casos e que esixa este cribado masivo”. Ante esta situación de máxima alerta epidemiolóxica, o Grupo Municipal Socialista sinala a importancia de deter a evolución de contaxios en Lobios e para elo piden que “non se baixe a garda” e que se leven a cabo todas as medidas oportunas ante a “gravedade” da situación.

O concelleiro do PSdeG-PSOE, David Fernández, pídelle á rexedora “seriedade ante unha situación sanitaria de vital importancia para o noso Concello” e considera que a alcaldes “debe pórse canto antes a xestionar para evitar consecuencias peores”. O concelleira tamén lle lembra ao alcalde a “total disposición” do PSOE dende o inicio da pandemia para traballar e axudar en todo o posible, “deixando de lado as diferenzas políticas” e “sendo leais á institución”. Considera que “debemos actuar canto antes e esixir a realizacións destes tests masivos para evitar máis contaxios e maiores desgrazas”.

Lobios presenta nestes momentos dos peores números de novos contaxios por coronavirus da comarca da Baixa Limia, motivo polo que os socialistas consideran “prioritario” a realización destas probas para poder “descubrir positivos asintomáticos e previr novos contaxios”. Fernández considera que a alcaldesa, como representante do municipio “debe realizar estas xestións a maior brevidade posible, pois non debe de esquecer que foi elixida pola veciñanza e débese enteiramente a ela”.