O PSDEG-PSOE DE XINZO CRITICA A LACAZANERÍA DO GOBERNO LOCAL DO PP LOGO DE GASTAR 50.000 EUROS NUNHAS FESTAS QUE NON CONTENTARON A NINGUÉN

.facebook_1532363810120
O PSDEG-PSOE DE XINZO CRITICA A LACAZANERÍA DO GOBERNO LOCAL DO PP LOGO DE GASTAR 50.000 EUROS NUNHAS FESTAS QUE NON CONTENTARON A NINGUÉN

“Os organizadores non foron capaces de ilusionar a ninguén e non souberon facer unhas festas cun mínimo de xeito, porque esta tarefa non pode ser unha trapallada improvisada” denunican os socialistas

O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia critica a lacazanería do goberno local do PP, logo de gastar 50.000 euros nunhas festas patronais de Santa Mariña que nin contentaron á veciñanza nin permitiron mellorar a maltreita economía local. Unicamente serviron para que o concelleiro de Cultura, Carlos Gómez, posara co fin de presumir propagandisticamente ante os fotógrafos e os veciños e veciñas, cando o resto do ano ni está ni se le espera. “Unha programación escasa e sen apenas atractivo e interese para residentes e visitantes, que foi aguantando o día a día grazas á inestimable labor, sacrificio e bo facer das bandas de gaitas da escola municipal e da Agrupación Musical da Limia, que fan todo canto poden sen nada a cambio”, destacan os socialistas.

“Foron unhas festas patronais de moi baixa intensidade, moitos días pero con poucas actividades, que ademais tiveron nulo interese para a cidadanía de fóra de Xinzo, xa que pasaron sen pena nin gloria para a economía da vila”, denuncia a portavoz municipal, Elvira Lama. “O que mal empeza mal acaba, e a escasa repercusión económica e social está directamente relacionada coa nula publicidade e a escasa difusión previa que lle deron a estas festas, e que se limitou á semana anterior ó comezo”, explica.

Dende o grupo socialista desta vila ourensá aseveran que “non se poden entregar ós negocios, por baixo das portas e case ás agachadas, os carteis publicitarios coa carta explicativa sobre a aportación voluntaria para contribuír ós orzamentos”. “Parécenos un desprezo absoluto por parte dos organizadores, que deberían visitar os negocios as veces que sexan necesarias, co fin de armar unhas festas coa maior calidade”, insisten.

A total desorganización nos horarios de actuación dos grupos musicais da comarca, provocou enfados nalgúns espectadores e nos propios pais e nais dos artistas mais cativos xa que, por exemplo, tiñan anunciado un concerto da Agrupación Musical da Limia ás 20:45 horas e finalmente non actuaron ata as 11 da noite. Non foi a única desfeita na organización, xa que tamén houbo queixas pola escasa difusión da cea de popular no Parque do Polígono, un acto que a meirande parte da xente descoñecía.

Venres a maña  (3)Así mesmo, o descontento chegou ó planeado coas orquestras. O PSdeG-PSOE recibiu numerosas queixas pola ausencia dunha gran actuación o sábado. Ó ser véspera de festivo, unha actuación deste tipo podería atraer visitantes que deixaran cartos nas caixas de bares e restaurantes, pero non foi así. Sen esquecer a que localización das orquestras na Alameda do Toural, tamén foi criticada por parte do sector hosteleiro e da restauración. Á veciñanza tampouco lle gustou o día escollido para o concerto do afamado artista Kepa Junquera, por ser un día laborable entre semana, no lugar dunha véspera de festivo, unha data que podería atraer unha maior afluencia de público.

Os socialistas tamén cuestionan a suspensión do torneo de tenis por parte dos organizadores, unha competición localizada nas pistas de tenis das piscinas exteriores, e que foi anulada pola negativa dos organizadores ante o abundante lixo e os restos de maleza que rodean as pistas desde tempo inmemorial, unha situación da que foron advertidos oralmente e por escrito os tamén incompetentes concelleiros de deporte e medio ambiente. “Pero unha vez mais o grupo de goberno omitiu por completo as demandas dos veciños que se preocuparon polo estado lamentable das instalacións”, critican desde o PSOE.

“Os organizadores non foron capaces de ilusionar a ninguén, e non souberon facer unhas festas cun mínimo de xeito, porque esta tarefa non pode ser unha trapallada improvisada por dúas persoas, xa que non estamos ante as celebracións locais dun barrio ou dunha panda de amigos”, critica Lama antes de recordar que “cando gobernemos os socialistas o vindeiro ano, non volverán suceder estas desfeitas culturais que temos que soportar ano tras ano”.