O PSDEG-PSOE DE XINZO ESIXE MEDIDAS URXENTES TRAS COÑECER UN INFORME POLICIAL NO QUE SE CERTIFICA QUE OS PASOS DE PEÓNS DA VILA INCUMPREN A LEI

330
O PSDEG-PSOE DE XINZO ESIXE MEDIDAS URXENTES TRAS COÑECER UN INFORME POLICIAL NO QUE SE CERTIFICA QUE OS PASOS DE PEÓNS DA VILA INCUMPREN A LEI

Elvira Lama asegura que “o informe dálle unha sonora labazada” ó PP e recorda que se negou a debatir o problema “reiterando a súa terquedade para non recoñecer a súa incompetencia e neglixencia”

Os socialistas presentaran unha moción para o pleno municipal sobre esta problemática, pero o goberno local bloqueou o seu debate ignorando os problemas de seguridade que se están a producir

Ourense, 23 de xaneiro de 2019. O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia esixe medidas correctoras urxentes, tras coñecer un informe policial no que se certifica que os pasos de peóns desta vila ourensá incumpren a normativa que regula esta sinalización viaria básica. No detallado documento asinado polo inspector xefe da policía local concrétase que unha trintena de pasos presentan eivas como falta de visibilidade; ausencia de sinalización vertical; mal estado da pintura ou problemas de iluminación. Ante estes feitos, o grupo municipal socialista esixe ó goberno local do PP as actuacións correctoras inmediatas nos puntos relacionados no documento e un plan de seguridade viaria.

A voceira municipal, Elvira Lama, destaca que as conclusións do xefe da policía local “veñen+ a confirmar o lamentable estado no que se atopan estas importantes Elvirainfraestruturas, logo das reiteras denuncias feitas polos socialistas por culpa da pasividade do alcalde e de todo o seu goberno”. “Ante as habituais queixas da veciñanza sobre a falta de iluminación e de sinalización adecuada, tanto vertical como horizontal, e logo de rexistrar os socialistas unha moción que o Partido Popular bloqueou deliberadamente para non ser debatida no pleno municipal, escusándose en que ‘ya estaban en ello’, o informe dálles unha sonora labazada”, destaca Lama.

“Co informe sobre a mesa e tal como se demandábamos na nosa proposta, os veciños e veciñas poden constatar que en 29 puntos de Xinzo de Limia onde existen pasos de peóns hai incontables problemas, tal e como advertiu o grupo socialista ó goberno do PP, que reiterando a súa habitual terquedade, non foi quen de recoñecer a incompetencia e neglixencia na que están instalados” manifesta a voceira. “Non moveron un dedo e todo sigue igual”, salienta.

Os socialistas denuncian que “a falta de iluminación nos pasos orixina falta de visibilidade por parte dos condutores, que non poden apreciar ás persoas cruzando a vía ata que están nela, provocando numerosos sustos e accidentes por atropelo innecesarios”. “Son accidentes que se dan, sobre todo, no centro da vila, en pasos de peóns que non contan cun sistema de iluminación óptimo desde os propios semáforos, e que fan que os condutores teñan escasa visibilidade sobre as persoas que están a atravesar a rúa, as veces con dificultades de mobilidade por mor da poboación envellecida”, aseveran.

Do estudo pormenorizado da policía local podemos concluír, matiza Lama, que “onde existe iluminación non hai sinalización vertical, ou esta mal pintado, e dicir, precisa repintarse de novo con urxencia, e nos poucos sitios que están repintados, a iluminación é moi deficiente ou insuficiente”. “Non consta no informe nin un só paso en óptimas condicións de sinalización, acondicionamento e iluminación”, recalca a voceira do PSdeG-PSOE antes de recordar que “tal e como lle demandamos no mes de outubro, existen moitos puntos que carecen dos requisitos necesarios para garantir unha óptima seguridade viaria, conforme as normas vixentes de tráfico”.

Despois de tres meses e logo de estudar polo miúdo o informe da policía local, os socialistas reiteran a súa esixencia ó alcalde, Manuel Cabas, como máximo responsable, para que, sen máis demora, dea as ordes oportunas para acometer reformas, e para elaborar un plan de seguridade viaria, tal e como se lle pedía na moción do grupo municipal dos socialistas que non quixo debater no pleno, por medo a que “outra vez lle sacaramos ás cores polas desfeitas deste grupo de goberno sen cabeza”.