O PSdeG de Xinzo reclama explicacións sobre a agresiva limpeza de canles nas fincas de concentración

canales xinzo 02
O PSdeG de Xinzo reclama explicacións sobre a agresiva limpeza de canles nas fincas de concentración

Elvira Lama quere saber se estes traballos foron encargados polo Concello de Xinzo coa pertinente autorización ou se foron feitos directamente pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

O PSdeG-PSOE de Xinzo reclama explicacións sobre a responsabilidade da agresiva limpeza das canles de dragaxe de fincas de concentración parcelaria no entorno da aldea de Ganade, no que diferentes especies arbóreas foron arrincadas, a simple vista, sen ton nin son, e amontoadas nas beiras da canles. Os socialistas queren saber que administración pública encargou a desfeita e se esta actuación conta con todos os informes asi como coa pertinente autorización xa que, ademais do dano ocasionado ó patrimonio natural, unha limpeza tan agresiva pode causar problemas de arrastre e asolagamentos durante períodos de choiva intensa.​

Como se pode apreciar nas imaxes, tralos traballos, as canles de dragaxe aínda non están en boas condicións e as especies arbóreas das marxes foron arrincandas e amontoadas.

A portavoz do PSdeG-PSOE, Elvira Lama, afirma que os socialistas teñen claro que \“o propósito destes traballos é previr o risco de desbordamentos e asolagamentos nas parcelas e cultivos do entorno mais a limpeza para retirar a sedimentación e a vexetación invasiva das canles non pode facerse a base de arrasar o entorno\”. \“Unha correcta limpeza do sistema de dragaxe debe retirar o material vexetal invasivo pero debe facerse correctamente, respetando os procedementos e a normativa\”, aclara tras recordar que, por exemplo, na marxe do río Limia non se ponden arrincar árbores nin facer actuacións moi necesarias, sobre todo no entorno urbano de Xinzo. Lama quere saber se estes traballos foron encargados polo Concello de Xinzo e se foron feitos coa pertinente autorización da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS). E, no caso de que a súa autoría sexa directamente da CHMS, quere coñecer os informes nos que se basearon para determinar este proceder.