O PSdeG de Xinzo denuncia un trato de favor do Concello na concesión dunha licenza a un empresario

O PSdeG de Xinzo denuncia un trato de favor do Concello na concesión dunha licenza a un empresario

Os socialistas denuncian que o Concello contratou a un asesor a soldo para emitir informes favorables ós intereses dun empresario da zona. Desta forma o dono dunha empresa situada nos accesos á autovía A-52 tería recibido unha licenza de obra e peche da súa parcela á carón do seu negocio.

A portavoz do grupo Municipal Socialista de Xinzo, Elvira Lama, acusa ó rexedor de favorecer os intereses de dito particular tirando por terra os informes dos técnicos municipais de urbanismo e da Policía Local. Ditos escritos recollen que as obras tiñan que paralizarse pois "fai a súa construción en solo de equipamento dotacional, que só pode ser destinado a construción de edificios e equipamentos públicos\”, engade Lama.

Os socialistas non entenden como tendo tódolos informes en contra o propietario seguiu adiante coas labores de explanación, pavimentación e peche da superficie en cuestión. A Policía Local comprobou como as obras continuaban pese a que dende urbanismo se emitiran informes para a paralización das mesmas e se lle comunicara ó empresario.

Dende o PSdeG de Xinzo consideran que o asesor externo foi contratado polo Concello para emitir un informe en beneficio do empresario e consideran que se produciu un trato de favor por parte do alcalde.

Antes estes feitos, solicitan que se pronuncie a Secretaria do Concello para que "avale os informes do asesor, quen desautoriza aos traballadores do Concello, tanto técnicos de urbanismo como á propia Policía Local velando polo cumprimento estrito do PXOM de Xinzo", anuncian os socialistas. Así mesmo están valorando por en coñecemento doutras instancias o que sucedeu e denunciar así que se favorecen os intereses duns veciños en detrimento doutros.