O PSdG de Ourense reuniuse en Vilar de Santos

38
O PSdG de Ourense reuniuse en Vilar de Santos

A dirección provincial do PSdeG-PSOE de Ourense e numerosos cargos orgánicos e institucionais do partido, acudiron onte a unha xornada preparada polos compañeiros/as de Vilar de Santos. O PSdeG-PSOE na provincia de Ourense, leva tempo mantendo reunións entre a súa dirección e cargos orgánicos e institucionais en todo o territorio ourensán, nomeadamente naqueles lugares, tal é o caso de Vilar de Santos, nos que o partido non obtivo representación institucional. Todo responde á lóxica de dar cobertura e apoio alí onde os compañeiros/as nos precisen e descentralizar as reunións da organización da capitalidade para achegar o traballo diario do partido a todo o territorio de Ourense. Con estas reunións, a dirección provincial do PSdeG-PSOE, pretende achegar o traballo feito polos representantes institucionais estatais, autonómicos e provinciais así coma o do partido,en xeral, a todos os Concellos e vilas da nosa provincia. Do mesmo xeito, a dirección provincial do PSdeG, considera vital que se constrúa un proxecto político socialista para a provincia de Ourense, contando con todas as opinións e coa participación de todos os militantes, simpatizantes, concelleiros/as, cargos orgánicos e secretarios/as locais de calquera Concello de Ourense, teña representación ou non, o Partido Socialista.

39Así pois, ás 20h. de onte, os compañeiros/as socialistas, déronse cita na localidade limiá de Vilar de Santos onde se mantivo unha reunión na que se falou, pormenorizadamente, da situación política galega e ourensá, aproveitando a asistencia do Secretario provincial e deputado autonómico, Raúl Fernández e da Secretaria de Organización e, tamén, deputada autonómica, María Quintas. Do mesmo xeito, interviron tanto a candidata socialista en Vilar de Santos, Susana Abadín, coma o Voceiro municipal na cercana localidade de Rairiz de Veiga, Pablo Lorenzo, para dar conta das necesidades da comarca e introducir a debate o tema do novo período das axudas da PAC, a súa reforma e como incide na vida económica duns Concellos, como son os da Limia, que dependen da supervivencia do sector primario e da sustentabilidade do mesmo. Posteriormente, os compañeiros/as acudiron a visitar o Museo Etnográfico da Limia, onde onte se celebraba unha palestra sobre o teatro de monicreques, en concreto sobre a barraca do Barriga Verde ( " O teatro popular de marionetas como medio de comunicación das subalternas. O caso da barraca de Barriga Verde na Galiza de Postguerra (1939-1960)." de Comba Campoy García) e unha exposición abondo interesante sobre o tema.

Xa por volta das 22h, uns 110 compañeiros/as socialistas vidos de toda a provincia, quixeron arroupar e apoiar o labor dos compañeiros/as de Vilar de Santos, celebrando unha cea na que se contou coa intervención da anfitrioa, Susana Abadín, de Pablo Lorenzo e do propio SX provincial, Raúl Fernández. Contouse coa participación de numerosos Voceiros e Voceiras municipais así coma Alcaldes e Alcaldesas socialistas e unha especial presenza dos compañeiros/as da Limia. Combinouse proseguir con estas reunións, dado o extraordinario éxito da convocatoria e o labor importante que se fai achegando os medios do partido aos compañeiros/as que están a traballar día a día pola mellora dos seus Concellos.