lunes. 25.09.2023

 O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia vén de presentar unha moción pola vía de urxencia para o seu debate na sesión plenaria do vindeiro luns na que lle solicita ao goberno municipal que se habiliten axudas municipais para libros de texto e material escolar dos alumnos e alumnas da segunda etapa de educación infantil. Os e as socialistas instan ao concello a habilitar unha partida orzamentaria suficiente para establecer dita axuda daqueles alumnos e alumnas matriculadas nos CEIPs de Xinzo de Limia.

Dende o grupo municipal socialista na capital da comarca da Limia tamén requiren que “se elaboren as bases da convocatoria con carácter de urxencia, polas datas nas que nos atopamos, e así poder paliar os efectos económicos que están a sufrir as familias”. Os e as socialistas consideran que tralo inicio do curso escolar, o pasado luns, as familias “afrontan moitos gastos, que na conxuntura actual, supón un duro golpe para as precarias economías domésticas dalgunhas familias do concello de Xinzo.

Elvira Lama na campaña do 23
Elvira Lama na campaña do 23

O máis recente informe da Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) conclúe que o gasto medio en libros de texto sería duns 200 euros, variando entre as diferentes etapas. Unha situación a que hai que sumar uns 95 euros de gasto medio en material escolar, “e iso sen tomar en consideración as cotas da AMPA, os costes das actividades organizadas polos centros, ou as actividades fora do horario lectivo para aquelas familias que precisen conciliar”, explica a voceira do PSdeG-PSOE en Xinzo de Limia, Elvira Lama Fernández.

Lama Fernández considera que os alumnos, as alumnas e as súas familias con necesidades “deberían recibir das administracións os recursos necesarios con criterios de igualdade e equidade”. Neste senso tamén apunta a que “a axuda proposta non debe ser inferior á que reciben os demais alumnos e alumnas por parte da Xunta”. A voceira socialista lembra que durante o seu mandato ao www.psdegpsoeourense.es 988 370 386 Ribeira de Canedo 24-26 32001 Ourense PSdeGdeOurense fronte do goberno municipal “tivemos en conta esta situación no curso 2021- 2022, e durante os meses de verán elaboráronse unhas bases reguladoras, publicadas o 27 de agosto de 2021, para dar cobertura aos gastos de libros e material escolar nas familias que así o solicitaron para a etapa de educación infantil”.

O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia sinala que “este ano non se tivo en conta a situación das familias, nin se actuou con previsión por parte do concello para atender as súas necesidades”. Cabe sinalar que segundo as información dos equipos directivos dos centros educativos do municipio, “estamos falando dun total de 206 alumnos e alumnas que poderían beneficiarse destas axudas”, subliñan os e as socialistas.

Por último, dende o grupo municipal socialista fan fincapé en que as actuais axudas da Xunta de Galicia para libros de texto e material escolar “son claramente insuficientes, posto que non toman en consideración máis gastos que os dos libros, cando unha familia pode chegar a gastar non menos de 200 euros na etapa de educación infantil”. Neste senso conclúen que o goberno galego “deixa totalmente desprotexidas ás familias con cativos e cativas nos cursos de infantil e a todas aquelas que estean en situación de vulnerabilidade, motivo polo que consideramos que o concello debe apoiar a ditas familias habilitando estas axudas”.