O PSdG de Xinzo denuncia a desedia do grupo de goberno de Xinzo

260
O PSdG de Xinzo denuncia a desedia do grupo de goberno de Xinzo

Cos toldos da praza están demostrando o pouco valor que lle dan aos actos

O grupo de oposición PSdG pediu reiteradamente unha solución para que os actos culturais, deportivos e doutras índoles que se desenvolvan nas prazas de Xinzo teñan un escenario apropiado e digno.

Denuncia a desidia por parte do goberno local por colocar un parapete azul en cada ocasión sen poñer en valor o que alí se organizou para goce d@s vecin@s. O pasado Día da Muller, o Día do Libro e o Día dás Letras Galegas son algúns dos exemplos disto que comentamos. Ademais de actos oficiais moitas iniciativas privadas organizadas por asociacións con gran repercusión solicitan ao concello unha caseta ou toldo para visibilizar o seu traballo e sempre lle deixan a famosa estrutura metálica cuberta por un plástico azul que parece unha cuberta para gardar ladrillos nunha obra.

Simbólogicamente demostra a falta de mimo e de traballo do grupo de goberno e pouco respecto á intelectualidade e tempo de lecer de l@ s veciñ@ s de Xinzo que moitas veces vense obrigados a saír do seu pobo buscando paseos agradables, tempo de lecer de calidade prexudicando así a sectores importantes da nosa economía local como o comercio ou a hostalería