O PSdG-PSOE vai facer unha serie de preguntas no Parlamento Galego, con respecto ao proxecto da estrada de Celanova

94
O PSdG-PSOE vai facer unha serie de preguntas no Parlamento Galego, con respecto ao proxecto da estrada de Celanova

Segundo afirma nunha nota de prensa o PSdG-PSOE de Xinzo de Limia segue indignado coa actitude arboricida do Partido Popular ó pretender arrasar parte do patrimonio natural da vila.

Nunha delas refírese a posibilidade de buscar alternativas que eviten a destrución das árbores afectadas, posto que segundo eles xa forman parte dun patrimonio natural centenario que merece unha especial protección.

Elvira Lama, voceira do PSdG-PSOE na vila quere solicitar da Xunta, como autora do proxecto, e do goberno de Xinzo unha explicación ao que ela denomina \“afán arboricida do equipo de goberno de Antonio Pérez\”

No que si está de acordo é na necesidade da reforma da avenida, pero entende que non é obrigatorio o brutal impacto medioambiental que terá a realización do proxecto tal e como está deseñado.

Así mesmo o PSdG de Xinzo acordou unirse a plataforma ‘Amigos das árbores de Xinzo’ creada para a defensa das especies arbóreas en perigo polo proxecto anteriormente citado