O PSOE chegou coa campaña a Xinzo

O PSOE chegou coa campaña a Xinzo

Paseo e entrega de PUBLICIDADE

Elvira Lama, xunto cos seus concelleiros e militantes, recibiron na praza Maior a destacados membros provincias do PSdG-PSOE, entre os que se atopaban o Secretario Provincial Rafa Villarino, o deputado Adolfo Pérez Abellás e o senador de Verín Juan Carlos Rivera.

REPARTO DE PUBLICIDADE E “MERCHANDISING”

A comitiva achegouse ata os veciños e veciñas que a esa hora se atopaban nas terrazas da praza Maior para facerlle entrega de publicidade en papel da campaña e por suposto do “regalo” estrela desta campaña, unha mascarilla, cas cores e slogan da campaña.

Despois da praza o percorrido seguiu polas rúas do casco vello ata a estación de autobuses, onde rematou o percorrido.