O PSOE DESMONTA A MENTIRA DO ALCALDE POR DECIR QUE SON OS ORZAMENTOS MÁIS SOCIAIS DOS ÚLTIMOS ANOS EN XINZO

Elvira Lama
O PSOE DESMONTA A MENTIRA DO ALCALDE POR DECIR QUE SON OS ORZAMENTOS MÁIS SOCIAIS DOS ÚLTIMOS ANOS EN XINZO

O PP confunde gasto social con reparto a dedo dos cartos de tódolos/as veciños/as, entre asociacións e colectivos

Elvira Lama, portavoz socialista no concello de Xinzo, di que:\“o alcalde de Xinzo non ten nin idea do que son uns orzamentos sociais\” amosando, así, a indignación e sorpresa do Grupo Municipal ó comprobar os números dos orzamentos do Concello para 2018; nos que se atoparon con que o aumento de preto de 100.000€ en subvencións nominativas consignadas a tal fin, son o que o alcalde chama orzamentos sociais.

\“Vostede xa fai o reparto a comezos de ano como se fora un aguinaldo, que o é, para moitos colectivos que o precisan con urxencia. Eses, Sr. Alcalde, son os verdadeiros Orzamentos sociais, dedicar recursos ós menos favorecidos, ós que teñen problemas, para que non deixemos ós máis débiles ou vulnerables en situación de desamparo\”, díxolle a portavoz no transcurso do debate, para engadir a continuación: \“Os orzamentos sociais son os que se ocupan de ter servizos elementais e básicos, como os de almorzos quentes nos colexios, comidas quentes repartidas a moitos veciños e veciñas que están sos, aumentar prazas de gardería para menores de 3 anos e de residencias para maiores e que non teñan que estar espallados en centros pola provincia, facer plan de emprego para xente moza, políticas de prevención, etc. Orzamentos sociais son, segundo varios observatorios, aqueles que cumpren catro dos requisitos necesarios para entrar na listaxe de 'Ayuntamientos excelentes en gasto social': investir máis de 100 euros por habitante, non ter recortado a partida para o ano seguinte, que represente máis do 10% do orzamento e que todo estea publicado en Internet. Vostedes non cumpren ningún dos parámetros, do que se considera gasto social. Tan só aumentou do ano pasado a este, 93.800€, nun reparto nominativo e a dedo. Ese reparto que xa vai consignado neste orzamento, segue a ser un reparto caciquil e desigual, que non favorece a aqueles colectivos que son os que máis o precisan\”.

O reparto de 173.000€, entre a suma da poboación total do Concello, que xa esta por debaixo dos 10.000; da unha cifra de 17,42€, moi lonxe dos 100€ por habitante que se determina para que un concello se considere merecedor de ter o cualificativo de ter un grande gasto social. Os socialistas de Xinzo non comparten esta visión nin este xeito de administrar os cartos da veciñanza nun concello que ven perdendo poboación, pero tamén cantidade e calidade nos servizos.