O PSOE INSTA Á DEPUTACIÓN QUE SE POSICIONE A FAVOR PARA QUE O PLAN REITOR DO PARQUE NATURAL BAIXA-LIMIA SERRA DO XURÉS SEXA CONSENSUADO COS CONCELLOS AFECTADOS

120
O PSOE INSTA Á DEPUTACIÓN QUE SE POSICIONE A FAVOR PARA QUE O PLAN REITOR DO PARQUE NATURAL BAIXA-LIMIA SERRA DO XURÉS SEXA CONSENSUADO COS CONCELLOS AFECTADOS

O PSOE reclama á Deputación provincial o se posicionamento a favor de que o Plan Reitor sobre o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés que está a desenvolver a Xunta sexa consensuado con Concellos, expertos e cidadáns afectados polos incendios do pasado ano. Os socialistas presentaron unha moción para que o pleno provincial do mes de abril se sume á petición de abrir o plan ás partes afectadas dado que o Plan Reitor de Uso e Xestión que foi presentado pola Consellería de Medio Ambiente é unha simple copia do Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés e do Plan Director da Rede Natura 2000, non se mencionan cuestións tan importantes a ter en conta coma as previsións de uso, as normas xerais de xestión ou o propio programa económico-financeiro.

O Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, é o maior parque natural de Galicia, con case 30.000 has, representa o 40% do territorio declarado coa figura de parque natural en Galicia. Trátase da zona de Galicia con maiores recoñecementos ambientais: parque natural, zona de especial conservación da Rede Natura 2000, zona de especial protección de aves, parque transfronteirizo e reserva internacional da biosfera da UNESCO xunto co parque nacional portugués de Peneda-Gerés. Ademais é o parque natural que conta cun maior número de habitantes dos seis existentes en Galicia, acollendo máis do 60% da poboación que vive hoxe dentro dos parques naturais galegos.

O Portavoz, Francisco Fraga recorda que os afectados son “Poboación merecente dunha atención preferente posto que son os propietarios do parque e son os que sofren as limitacións para que os demais poidamos gozar del e, polo tanto, merecen as compensacións ambientais correspondentes conforme á lexislación” e sinala que “tampouco se poden tomar a medidas oportunas sen ter en conta os seus medios de vida e a súa tradición cultural”

Así mesmo, o Partido Socialista fai constancia da situación de abandono ao que a Xunta de Galicia ten sometido esta área. Ademais, debe sumárselle a escasa interacción con Portugal, co que se comparte parque transfronteirizo Peneda-Gerés, así coma programa e convenios de colaboración coma tareas de limpeza que se encontran paralizadas y levan a que o Parque arda cada ano.

Dado o exposto anteriormente o PSOE solicita “se introduzan os mecanismos económico-financeiros necesarios para atallar as deficiencias anteriormente numerada” e que se “traslade o acordo ó Presidente da Xunta de Galicia e á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia.