sábado 27/11/21

    O voceiro dos socialistas de Rairiz apunta que o alcalde modificou o Plan Xeral de Ordenación Municipal para incluír nel a finca onde se sitúa a súa casa, deixando fóra outras do pobo que están na mesma situación. Pablo Lorenzo fala de "un alcalde egocéntrico dado que na maioría das súas decisións prevalecen nas que sae el beneficiado, vivendas antigas como a súa o mesmo pobo quedan fóra dese plan, asegurándose así a legalización da súa vivenda e deixando a dos seus veciños sen privilexios".

Os socialistas de Rairiz sinalan que o rexedor aprobou medidas que impiden que os veciños poidan construír vivendas en fincas da súa propiedade. Apuntan que é un erro grave pois, din, o que precisa o rural é que se facilite todo o posible o asentamento da poboación.

Pablo Lorenzo engade que " o alcalde mire polos intereses dos seus veciños que para o escolleron e non para antepor os seus propios".

O PSOE de Rairiz denuncia que o alcalde modificou o PXOM para legalizar a súa vivenda
Comentarios