O PSOE DE RAIRIZ INSTA Á ALCALDESA A QUE SE SOMETA A UNHA CUESTIÓN DE CONFIANZA

Morgade Rúa, alcaldesa de Rairiz de Veiga
O PSOE DE RAIRIZ INSTA Á ALCALDESA A QUE SE SOMETA A UNHA CUESTIÓN DE CONFIANZA

ASUN MORGADE É INCAPAZ DE SACAR A ADIANTE, NIN TAN SEQUERA, UN RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO PARA PAGAR A PROVEEDORES

SITUACIÓN DE INGOBERNABILIDADE

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Rairiz, insta á Alcaldesa a que propoña unha cuestión de confianza ante o Pleno e comprobe se conta co respaldo do seu propio grupo ante a total inoperancia do goberno que se está a padecer. A desidia que trouxo consigo o nomeamento de Asun Morgade como Alcadesa de Rairiz, está a ocasionar graves consecuencias para o funcionamento diario do Concello.

PABLO LORENZONa súa segunda toma de posesión, a Alcaldesa, prometeu a todos os veciños e veciñas de Rairiz que ía comezar unha nova época máis democrática e dar conta da débeda real do Concello, algo que, a día de hoxe, aínda non aconteceu. Os socialistas de Rairiz, encabezados polo seu Portavoz, Pablo Lorenzo, están cansos de agardar por falsas promesas de cambio e da inoperancia dunha Alcaldesa que non da sacado adiante as súas propias propostas. Os veciños e veciñas de Rairiz, non teñen porque padecer a falta de operatividade do goberno municipal e precisan feitos, non palabras que leva o vento.

Como ben é sabido, os tres Tenentes de Alcaldía, escollidos pola propia Alcaldesa, amosan claras diferencias co seu modelo de xestión e coa súa forma de proceder e gobernar ao non mantelos informados das propostas que leva a Pleno. Estas formas tan pouco transparentes, conlevaron a fragmentación do grupo de goberno municipal, ata o punto que un dos seus Concelleiros se pasou ao grupo mixto e o resto non quere votar o que ela leva á sesión plenaria.

Por isto mesmo e tal como destaca o Portavoz socialista: \“Tendo como ten, 7 Concelleiros de 9 que conformamos a Corporación, non debería ter maior problema en someterse á cuestión de confianza para desbloquear esta situación e de non someterse, entenderemos que hai un claro risco de fractura no goberno ou que ela mesma entende que non a vai obter\”. De cumprirse esto último, os socialistas opinan que o mellor para que mellore a situación de desgoberno de Rairiz é que Asun Morgade se aparte do cargo e deixe a unha persoa que si obtivera o respaldo da maioría da Corporación Municipal.

\“Os veciños e veciñas de Rairiz de Veiga, non merecen que sexamos un foco de atención mediática por cuestións de ingobernabilidade e inoperancia na xestión. senón pola gran riqueza natural, paisaxística e turística que temos no Concello; algo que, por certo, a señora Morgade non pon en valor dada a súa nula implicación na promoción cultural da zona\”, destaca Pablo Lorenzo, quen tamén engade: \“ Non se fai fincapé na posta en valor da Vía Nova, por exemplo, que aínda está sen inaugurar, a día de hoxe, e nalgunhas partes xa se acumula o lixo e o escombro\”

Os socialistas só ven posible unha saída, xa que logo, mediante o sometemento a unha cuestión de confianza da propia Alcaldesa, incapaz de sacar adiante medidas coma o recoñecemento extraxudicial de créditos para pago a proveedores. \“En base ao establecido no artigo 197 bis da L.O.R.E.G., instamos que a Alcaldesa se someta a esa cuestión de confianza, vencellando a mesma á aprobación do recoñecemento extraxudicial de créditos que non foi quen de aprobar ao non ter o apoio do seu Grupo Municipal\”, conclúe o Portavoz socialista en Rairiz.