O PSOE DE RAIRIZ PIDE CITA PARA XAQUÍN NO XULGADO

5
O PSOE DE RAIRIZ PIDE CITA PARA XAQUÍN NO XULGADO

NOTA DE PRENSA PSOE de Rairiz

Despois de rexistrar varias solicitudes para que Xaquín lle dera conta o Pleno da situación de incompatibilidade na que se atopa tras a sentenza do Xulgado do Penal nº2 de Ourense do pasado 26 de xuño, que o inhabilitaba para cargo público por 8 anos e 6 meses, sen que se tiveran en consideración ningunha das solicitudes do grupo socialista e tras ver como Xaquín utiliza artimañas políticas para non ter que dar conta o pleno da sua situación, como por exemplo evitar convocar plenos ordinarios de xeito que a oposición non poida levar mocións nin realizar a labor de control e fiscalización que lle corresponde, decidimos tomar medidas legais en relación a este asunto, lonxe de pretender montar un circo como di Rodríguez Ambrosio, o grupo municipal socialista o único que busca e que se cumpra a lexislación vixente, e esta deixa moi claro a situación na que se atopa o actual alcalde.

Pablo Lorenzo portavoz dos socialistas en Rairiz di que tal e como anunciaron no seu día, dende o momento da notificación da sentenza, Xaquín presenta unha incompatibilidade non so para o cargo de alcalde senón que tamén de concelleiro, en base a LOREG, por iso pomos en conocemento dos tribunais de xustiza o que está pasando en Rairiz, e xa hai precedentes nalgún concello cunha situación semellante onde a fiscalía imputou ademais do alcalde a todos os concelleiros do grupo de goberno por negarse a declarar a incompatibilidade do alcalde, en Rairiz podemos estar ante un caso igual de que se poida imputar por prevaricación a todos os concelleiros do grupo de goberno.

Rodriguez Ambrosio, acostumado a montar actos circenses políticos, como por exemplo chegar 20 minutos tarde a súa investidura como alcalde, está a faer malabarismos para manterse pegado ó sillón e aprazar ó máximo a súa marcha da alcaldía, neste momento Xaquín é un alcalde okupa, e pese a dicir que non lle ten apego ó sillón xa pasou por tres partidos e catro situación políticas distintas, BNG, PP e INDEPENDENTE e Alcalde do BNG, Alcalde independente nunha lista do PP, Alcalde do PP e finalmente Alcalde Independete, todo por seguir ostentando a alcaldía de Rairiz.

Lorenzo continua dicindo que Xaquín non é un imputado calquera, nin unha persoa que se encontra en situación de apertura de xuízo oral, Xaquín é un condenado por sentencia, contra a que cabe recurso pero condenado por sentencia. Mentres Baltar apela a presunción de inocencia sen acordarse da incompatibilidade que presenta este alcalde co seu cargo en base a lei electoral, dí que él non ten nada que ver, que Xaquín xa non pertence o PP, que este señor prevaricou co BNG; pero foi

o Sr. Baltar quen o recibiu cos brazos abertos nas súas filas, foi Baltar quen se abrazaba a Xaquín nos mitins, foi Baltar a quen non lle importou que fora o seu candidato en Rairiz a sabendas de que estaba imputado por prevaricación e acusado de acoso laboral e vulneración dos dereitos dos traballadores anteriormente, e é Baltar tamén quen é Presidente da Deputación cos votos deste alcalde. Por tanto non pode mirar para outro lado e dicir que él non pode faer nada, olvidase Baltar que o PP gobernaba en Rairiz que tivo a oportunidade de retirarlle o apoio dos seus concelleiros e así dar un exemplo de limpeza política pero pola contra deixou que se cociñaran as estratexias, que se fixera o paripé de deixar a militancia e así seguir mantendo a alcaldía baixo a dirección de un alcalde condenado.

Dende o momento que un dirixente como Baltar se esconde ante unha situación como a de Rairiz todo o que anuncia a bombo e platillo, como portais e ordenazas de transparencia, aires de renovación e limpeza política,… queda en interdito, xa que o que está acontecendo en Rairiz son as artimañas da vella e rancia política do trombón.

Finalmente negar calquer tipo de insulto vertido dende o grupo socialista cara os membros do grupo de goberno e así quedou constatado na sesión plenaria onde o portavoz dos socialistas preguntou os concelleiros quen se sentía ofendido, sen obter ningunha resposta por parte destes, a única explicación que se lle atopa a estas afirmacións do alcalde e a de crear unha cortina de fume para desviar a atención e non quedar en evidencia ante a falta de argumentos xurídicos sobre a súa situación, falta de argumentos demostrada, xa que dixo que tiña informes xurídicos nos cales se basaba para non dimitir do seu cargo, informes que dixo que nos ia facer chegar pero que a día de hoxe non chegaron nin chegarán porque a única vía que lle queda a Xaquín é a súa dimisión como alcalde e concelleiro de Rairiz de Veiga.