O PSOE DE RAIRIZ SOLICITA QUE SE DESBROCEN OS PERIMETROS DOS POBOS POR ALTO RISCO DE INCENCIO

concello de rairiz de veiga
O PSOE DE RAIRIZ SOLICITA QUE SE DESBROCEN OS PERIMETROS DOS POBOS POR ALTO RISCO DE INCENCIO

Pablo Lorenzo, portavoz do PSdeG-PSOE no concello de Rairiz de Veiga xunto co seu concelleiro Juan Manuel Fernández están rexistrando solicitudes para que se desbrocen os arredores dos pobos, principalmente da montaña, por alto risco de incendio.

Pablo PSOE Rairiz 2Rairiz de Veiga conta cunha poboación envellecida repartida en pequenos núcleos de poboación que se sitúan maioritariamente en aldeas de montaña. Aldeas con apenas veciños, onde o abandono da actividade agraria e gandeira así como a ausencia de concentración parcelaría e o pouco interés que se mostra por parte da alcaldía en conservar e potenciar o mundo rural deu lugar a que se deixaran de traballar a terra incluso as fincas pegadas os pobos.

No percorrido que estamos a facer os concelleiros socialistas por estas aldeas, observamos como os veciños sofren o pánico de que un posible incendio chegue as súas casas, vemos como os toxos, as xestas e as silvas trepan polas casas deshabitadas mais pegadas o monte sen que ninguén se preocupe de cortarlas, como casas abandonadas que xa só conservan parte das súas paredes albergan maleza e incluso arbores no seu interior.

Rairiz conta con aproximadamente un grupo de 15 persoas contratas para servizos de prevención de incendios e tractores con desbrozadoras que están traballando en cunetas e lugares nos que nos existe un claro risco de incendio, (lugares onde máis ser ve e onde menos se necesita) por ese dende o PSdeG-PSOE solicitamos que se lle de prioridade absoluta os pobos que teñen o monte pegado e de haber un incendio podían sufrir consecuencias fatais, asimismo realizar labores de limpeza nos camiños rurais actualmente intransitables .