O PSOE DE XINZO PIDE QUE SE FAGA UN INVENTARIO DO PATRIMONIO ETNOGRÁFICO DO CONCELLO

lavadoiro Ganade
O PSOE DE XINZO PIDE QUE SE FAGA UN INVENTARIO DO PATRIMONIO ETNOGRÁFICO DO CONCELLO

Os socialistas solicitan que se faga, con celeridade, un inventario de todos os bens etnográficos do Concello, para a súa preservación e divulgación

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Xinzo, vén de rexistrar un escrito solicitando información dos motivos polos que se procedeu ao derribo do lavadoiro público de Ganade ,situado nas inmediacións do centro social do pobo. Así mesmo, solicitaron, unha copia da memoria xunto co orzamento e os informes técnicos que avalen esta actuación.

\“Non entendemos que se derrube un lavadoiro público, peza identitaria dun pobo, para colocar una illeta cunha minifonte, que non cumpre función algunha de regular o tráfico no lugar onde está colocada\”, di a portavoz Elvira Lama.

Ademais,din os socialistas, \“non compartimos a substitución do vello polo novo para cumprir posibles caprichos dalgúns veciños, pois terán que ter informes técnicos que avalen esa actuación, dos cales tamén pedimos copia. E ainda asi non entendemos que se gasten noutro lavadoiro doutro pobo perto de 6.000 euros en recebalo, mentras, neste caso se derruba o lavadoiro que tiña tellado.

Os socialistas pensamos que o Concello debe poñerse mans á obra, nunca mellor dito, e comezar a facer un traballo de recopilación de cales son os elementos do patrimonio que teñen importancia e cales non e cales son as razóns duns e doutros\”.

Os Grupo Municipal Socialista, en palabras da súa Portavoz, tamén engadiu que \“o patrimonio debe ser conservado con especial respecto e protección e, mesmo, deberíamos seguir a senda de moitos concellos que están a facer o inventario dos seus bens, contar cos camiños históricos, co patrimonio etnográfico: hórreos, fontes, fornos, lavadoiros, muíños, cruceiros, cruces con máis de cen anos de antigüidade e construcións singulares ou as escolas unitarias, algunhas delas convertidas en centros sociais, deben ser una prioridade.