O PSOE DE XINZO ACUSA O PRESIDENTE DA XUNTA DE MENTIR NO ULTIMO ACTO DE INAUGURACIÓN ANTES DA CAMPAÑA ELECTORAL

O PSOE DE XINZO ACUSA O PRESIDENTE DA XUNTA DE MENTIR NO ULTIMO ACTO DE INAUGURACIÓN ANTES DA CAMPAÑA ELECTORAL

Núñez Feijoo anunciou na Re-Inauguración do Museo Galego do Entroido, O financiamento dos Regadíos pendentes na Limia, sabendo que nos orzamentos da Xunta do 2016 figuran O €

Os socialistas acúsano de mentir diante dos limiaos presentes nos actos de onte en Xinzo, nun alarde digno de un mitin de campaña electoral, anunciando tamén que o AVE pouco menos que ia parar en Xinzo.
Elvira Lama, Portavoz do Grupo Municipal dos Socialistas de Xinzo de Limia, acusa o Presidente da Xunta de\” mentir descaradamente ante un gran aforo de limiaos que se achegaron a Re-Inauguraqción do Museo Galego do Entroido e do Albergue de Peregrinos na vila de Xinzo\”, di Lama.
Os socialistas aseguran que \“estamos diante de un acto de pura propaganda electoral propio dos días que se aveciñan, e o Presidente Núñez Feijoo prometeu sen poñerse colorado, o financiamento dos Regadíos pendentes para o próximo 2016, sabendo que nos Orzamentos do seu goberno a partida que figura é de 0 euros\”.
O Grupo Municipal dos Socialistas ten presentado por medio dos seus parlamentarios tódolos anos a emenda dos Orzamentos da Xunta, para que esa partida figurase e houbera cartos para poder iniciar as obras, esas propostas sempre foron rexeitadas polo Goberno do PP que il preside, ano tras ano. Unha emenda que tamén se fixo tódolos anos por medio da deputada limiá Laura Seara, nos Orzamentos do Estado, e rechazada de igual xeito, como este ano.
\“Non se pode vir a Xinzo a enganar os veciños cunha promesa tan falsa como irreal; O SR. Feijoo nunca se interesou polos Regadíos pendentes, incluso despois de asinar o Convenio Marco co MAGRAMA en xaneiro de 2011, e non foi que de asinalos Convenios específicos cos presidentes das Comunidades de Regantes, e os agricultores teñen boa memoria e saben ben de quen é a culpa, e saben que foron desprezados nos seus intereses, que son o seu medio de vida\”, asegura a Portavoz Elvira Lama.
Os socialista de Xinzo aseguran que\” tanto Núñez Fejó como Mariano Rajoy son os culpables do regadío en precario que fan os agricultores da Limia, son os culpables tamén de que aparezan sancións cando actúan os corpos e forzas de seguridade cumprindo co seu traballo, a pesar da moratoria para poder regar do río, mentres a modernización non sexa realidade\”.
A solución pasa por facer desta necesidade unha reivindicación común, piden una reunión dos alcaldes afectados, das asociación e dos presidentes da distintas Comunidades de regantes; para facer deste agravio un fronte común e plantarse en Santiago mais pronto que tarde para desta vez esixir o cumprimento da palabra do Presidente da Xunta.