O PSOE DE XINZO EXISELLE O ALCALDE A DESRATIZACIÓN E LIMPEZA INTEGRAL DA VILA DE XINZO DE CARA OS MESES DE VERAN

Elvira Lama portavoz PSOE
O PSOE DE XINZO EXISELLE O ALCALDE A DESRATIZACIÓN E LIMPEZA INTEGRAL DA VILA DE XINZO DE CARA OS MESES DE VERAN

A sucidade manifesta foi recoñecida hoxe no plenario por parte do Alcalde, Antonio Pérez

A sucidade manifesta e recoñecida hoxe no plenario por parte do Alcalde, Antonio Pérez, fai que sexa urxente una limpeza integral da vila, con especial atención os puntos, rúas e prazas onde se xunta mais xente.

Consecuencia do anterior, e do estado de abandono, e notable e frecuente a presenza de ratas nas cercanías de contentores e mesmo nas prazas da vila.

Elvira Lama, portavoz do grupo Municipal Socialista esíxelle o alcalde Antonio Pérez, a limpeza integral da vila, despois de que no plenario de hoxe recoñecera que \“Xinzo esta Sucio\” e daba a razón o noso Grupo, que xa lle viña demandando mais e mellor limpeza, e mesmo foi agasallado con 9 vasoiras na pasada campaña electoral.

O grupo Municipal Socialista quere manifestar o seu deber de por especial atención os puntos neurálxicos de transito e de ocio, dos veciños e veciñas, tanto da vila como dos que nos visitan, por estética, boa imaxe pero tamén por salubridade publica.

Resulta evidente que as rúas deben ser tratadas con auga a presión e algún produto hixenizante de forma regular, especialmente cando chega os meses de verán que son os de maior afluencia de xente.

Recordarlle que temos rúas e beiraruas con casas abandoadas ou deshabitadas que son verdadeiros criadeiros de pombas, sendo evidentes as acumulacións de excrementos no chan, que deben ser retirados xa non cunha escoba senón con chorros a presión e mesmo.

Así mesmo queren recordarlle o Alcalde, que tamén se fai urxente e necesario proceder a desratización da vila, xa que por mor da falta de limpeza axeitada, e polas altas temperaturas dos meses pasados, e frecuente ver nas rúas 2 de Maio, Praza Maior , Ladeira, e mesmo no Parque do Polígono, a presenza de roedores as noitiñas e tamén a plena luz do día.

\“Facer mención especial a que non se coloque pedazos de raticida pendurados nas arquetas dos sumidoiros como en ocasións anteriores, por mor de que son atractivas para os cativos e quedan o alcance da man\” di Elvira Lama.