O PSOE DE XINZO PIDE A DIMISION DO ALCALDE POR DESINFORMADO E CONSIDERA GRAVISIMO QUE FALE SEN SABER DO INCENDIO DE CUALEDRO

IMG_8635
O PSOE DE XINZO PIDE A DIMISION DO ALCALDE POR DESINFORMADO E CONSIDERA GRAVISIMO QUE FALE SEN SABER DO INCENDIO DE CUALEDRO

O fiscal vota por terra as graves acusacións do Alcalde de Xinzo, cando aseguraba que eran sete os artefactos atopados no incendio de Cualedro

O fiscal vota por terra as graves acusacións do Alcalde de Xinzo, cando aseguraba que eran sete os artefactos atopados no incendio de Cualedro

A falta de medios e a pésima coordinación si parecen ser a causa do incendio máis grave do monte na Limia que se levou por diante máis de 3.000 hectáreas

Xinzo de Limia a 14 de setembro de 2015; Elvira lama, Portavoz do Grupo Municipal Socialista, sorprendeuse cando se detivo a un ancián veciño de Cualedro de 83 anos, como presunto autor, do que en palabras do Alcalde eran una \“trama yihadista organizada, de terrorismo ecolóxico\”, e mesmo se atreveu a dicir que \“ se atoparan sete artefactos incendiarios en diversos puntos do incendio, algo que a propia Garda Civil nunca asegurou e como afirma o fiscal García Ortiz non consta no atestado\”.

Os socialistas piden a dimisión do Alcalde por incompetente porque din que\” as súas afirmacións en tódolos medios de comunicación foron para moitos veciños causa de grande inquietude e temor, pensando que verdadeiramente as súas propiedades están en perigo e tamén as súas propias vidas, si como o Alcalde afirmou existira unha trama de persoas colocando artefactos nos montes, o carón das casas onde sempre viven moitos persoas de idade avanzada. Non se pode falar de trama organizada sen ter probas de que efectivamente puideran ser varios os autores do incendio mais grave da Limia \”.

Os socialistas din que\”detrás destas afirmacións oculta o desgoberno e a preocupación por outros temas que nada teñen que ver co Concello, e os motivos da magnitude do incendio de Cualedro, que afectou tamén a tres concellos da Limia, Trasmiras Baltar e Xinzo, está na pésima xestión do propio incendio, e na descoordinación dos distintos medios cando chegaron, cando se deixou avanzar sen atallar as lapas cando empezaba si a forzado vento era superior a normal, os operativos aéreos tardaron en chegar porque estaban en outros incendios, e distintos vehículos quedaron sen auga e non podían recargar nas bocas de rego por non dispoñer de conexións axeitadas, maquinaria de facer cortalumes que deixaba pobos indefensos para atender a outros pobos deixando persoas e propiedades indefensas, desamparadas.

Un alcalde que alarma os veciños de tal xeito non pode seguir o fronte de un Concello, e menos cando fala de tramas organizadas e de terroristas ecolóxicos, que pode habelos, pero con probas.