O PSOE DE XINZO PIDE A RETIRADA DAS BANDAS RUGOSAS DA VIA DE ENTRADA DENDE A A-52 A N-525

barras 005 (1)
O PSOE DE XINZO PIDE A RETIRADA DAS BANDAS RUGOSAS DA VIA DE ENTRADA DENDE A A-52 A N-525

"Os condutores quéixanse de que ademais de molestas provocan avarías nos amortiguadores dos vehículos"

Unhas bandas de desaceleración que foron colocadas na vía de acceso a vila de Xinzo para que os vehículos reduzan a velocidade.

Os condutores quéixanse de que ademais de molestas provocan avarías nos amortiguadores dos vehículos.

Xinzo de Limia 12 de agosto de 2015: O Grupo Municipal Socialista no Concello de Xinzo ven de rexistrar a solicitude para que o Alcalde faga retirar as bandas da estrada principal de entrada e saída da vila.

Unha demanda social de moitos veciños e veciñas que teñen que transitar por esa vía tódolos días do ano, varias veces o día, porque deben acudir o seu traballo ou ben por que tamén é unha vía que nos conecta con pobos desa zona do propio Concello ou con outros concellos limítrofes como Vilar de Barrio.Elvira Lama 3

A solicitude para que retiren as bandas de desaceleración que están na vía de acceso entre a autovía A-52 e a Nacional 525, xurde porque están a provocar numerosas avarías nos propios vehículos, e porque levan colocadas demasiado tempo, sen que se este a traballar nesa zona en concreto.

Estas bandas supostamente foron colocadas no mes de abril diste ano, en época preelectoral, co argumento de facer una rotonda de acceso o Polígono Industrial, onde o PP prometeu que se ia construír unha area comercial

\“Pasaron xa case cinco meses, as obras apenas iniciadas duraron escasos días e dende aquelas, seguen alí colocadas provocando o cabreo dos condutores e usuarios da mencionada vía de entrada e saída de Xinzo cara a autovía, ou cara os pobos da zona e o concello de Vilar de Barrio\”, di Elvira Lama a portavoz dos socialistas.

\“Esta estrada ten un limite de velocidade de 70 km/h e coas bandas colocadas antes e despois do cruce do Polígono Industrial de Xinzo a velocidade reducese a 30KM/h ou menos, tamén provoca que moitos condutores busquen vías alternativas que son pistas agrícolas nada recomendables polo perigo que supoñen\” remata a portavoz dos socialistas. Por todo iso pidenlle o Alcalde quefaga a xestions oportunas para que sexan retiradas e tamén imformación de porque non se continuaron as obras e cando se voltaran a reanudar.