miércoles. 22.03.2023

O presidente do PPdG, Núñez Feijoo, visitou a sede do partido

Tamén estiveron presentes os candidatos por Ourense o Parlamento e ó Senado, ademais do Pte. Provincial

11
11

As  oito do serán, e camiño do mitin do PP en Verín, os candidatos o Parlamento e ó Senado pola provincia de Ourense, acompañados polo  Presidente do partido en Galicia e o Pte. Provincial, foron recibidos na sede do PP, repleta de simpatizantes para escoitar  ós candidatos.
O Pte. Do PP en Xinzo Antonio Pérez fixo de presentador dos candidatos e solicitou dos colaboradores e simpatizantes, o apio, que sempre  tivo en tódalas convocatorias dende que é o Pte. do partido.
Logo interveu o cabeza de lista por Ourense Miguel Angel Viso e rematou a xuntanza  Núñez Feijoo, quen en primeiro lugar, quixo agradecer e felicitar os membros do partido en Xinzo que co 47% de votos acadados nas Municipais, foi un dos porcentaxes máis altos de Galicia. Tamén solicitou un esforzo máis, para que Xinzo volva a chegar ós porcentaxes das anteriores eleccións xerais, para o que fai falla, dixo, unha adicación como sempre ten os militantes e simpatizantes do partido no concello de Xinzo.
 

Comentarios