Que pasaría con esta urxencia médica si a feira estivese na Rúa S.Roque?

IMG-20210527-WA0003
Que pasaría con esta urxencia médica si a feira estivese na Rúa S.Roque?

Esta é a pregunta que nas súas redes se fixo hoxe o concelleiro de Urbanismo e Mobilidade Ramón Gómez (Moncho) ante o acontecido esta maña na rúa sinalada a que tivo que acudir unha ambulancia do 061 por unha urxencia.

Recordar que hoxe foi día de feira en Xinzo e de non ser pola nova ubicación dos postos por mor da pandemia, sería case imposible que a ambulancia chegara a tempo a urxencia.