Queixas dos veciños e usuarios da pista de Baronzás a gasolinera Antela

IMG-20210216-WA0015[1]
Queixas dos veciños e usuarios da pista de Baronzás a gasolinera Antela
Concelleirxos do Grupo Municipal Popular do Concello de Xinzo de Limia ollaron “in situ” o que parece foi a primeira decisión da comisión–chiringuito formada pola Alcaldesa e o Concelleiro de Urbanismo.

Concelleirxos do Grupo Municipal Popular do Concello de Xinzo de Limia ollaron “in situ” o que parece foi a primeira decisión da comisión–chiringuito formada IMG_20210216_120810[1]pola Alcaldesa e o Concelleiro de Urbanismo. Decisión de aglomerar cun ancho de só 3,80 mts, unha pista que estaba anteriormente asfaltada con 4,50mts de ancho.
As queixas de veciñais como de usuarios son numerosas por este estreitamento que non permite o cruce de dous vehículos, un dos dous ten que saírse do novo aglomerado co perigo de pinchado ou corte nas rodas. Ademais do temor de que a nova “Comisión de Obras Municipal” decida de facela de sentido único.
Esta pista comunica o pobo de Baronzás co enlace da autovía, ademais do seu uso para o tráfico agrícola. Todo tipo de vehículos rodados son usuarios asiduamente desta vía, co trastorno que vai producir este recorte no ancho da mesma.
No vindeiro pleno preguntaremos se este ancho está informado favorable polos técnicos municipais e se as vindeiras melloras en outras pistas van ser así. Esta obra foi executa e supervisada polo Concello coa subvención que a Xunta dá cada ano dentro do Plan Marco para arranxo de pistas agrícolas,