sábado. 01.04.2023

J. Miguel Barrio, concelleiro de XA no Concello de Xinzo foi o encargado de facer a introdución e presentación dos membros da candidatura que EN MAREA presenta na provincia de Ourense,  no mitin que a formación de una Casa de Cultura de Xinzo ante os seus simpatizantes.

Tamén  J.Miguel  tivo  verbas no seu discurso directamente referidas ao candidato do PP e o seu presidente provincial, así como ao alcalde do Concello.

Fixo temen referencia a que todos os membros da lista de “EN MAREA” teñen pactado un salario para  tódolos  que formen parte do parlamento  e loitar para rescatar a xente, non ós bancos como fixo o goberno do PP.

 Dentro da súa alocución dixo que  todos os que formaron este movemento , “Queremos ser o instrumento que lle devolva á cidadanía a ilusión perdida”

A continuación tomaron a palabra a Eva Gutiérrez e Davide de Manzaneda,  e por último para pechar o acto a achega de Xinzo Adiante a esta candidatura provincial  Manuela Pérez.

Comentarios