"R" desatende as queixas duns veciños de Xinzo

IMG_20201114_222123
"R" desatende as queixas duns veciños de Xinzo

Levan case un mes con velocidades de descarga de 15,4 cando teñen contratadas 200 GB e ninguén lle fai caso. Están a falar de conexión por fibra.

IMG_20201114_222123

Varios veciños da rúa Marcelo Macías de Xinzo, e algunhas máis que dependen dun mesmo “NODO”, segundo comentou o técnico que enviaron xa fai 15 días, sofren cortes de velocidade, ata poden quedar sen internet, e polas noites, os que teñen as TV por wifi dentro do domicilio, non poden vela, se se trata de facelo por internet.

Xa levamos varias semanas mandando incidencias, pero o único que nos din é que están nelo, e que no lo compensarán na factura, sen solucionar o problema. Comenta un dos afectados.

Os veciños afectados non queren pagar menos, o que queren é ter os servicios que pagan. No desconto non ven o non poder ver a TV nas plataformas, porque non hai sufuciente sinal.