“Raia Termal en ruta”

Ás -11.00: Presentación da campaña "Raia Termal en ruta".- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na presentación do autobús promocional da campaña "Raia Termal en ruta", unha acción de difusión do pro
“Raia Termal en ruta”
Campaña para promocionar o turismo transfronteirizo Ourense-Norte de Portugal

A Deputación de Ourense puxo hoxe en marcha unha iniciativa de difusión turística do territorio transfronteirizo Ourense-norte de Portugal que, baixo o nome “Raia Termal en ruta”, promocionará os valores e recursos desta área mediante un autobús promocional que percorrerá máis de 1.500 quilómetros e visitará máis de 25 puntos durante os proximos dez días, incorporando como novidades unha oficina de turismo dixital e a participación dos universitarios becados no plan “Erasmus Rural”. Un novo proxecto internacional, afirmou o presidente da Deputación, Manuel Baltar, “para divulgar o noso patrimonio, cando en momentos de pandemia e pospandemia como estes a xente busca benestar, desconexión e natureza, valores que pousímos na provincia de Ourense e Portugal”.

Ás -11.00: Presentación da campaña No marco do programa “Raia Termal”, financiado polo con fondos europeos FEDER a través do programa Interreg, “o autobús que arranca hoxe desde Ourense vai permitirnos valorizar o territorio e o seu patrimonio termal -engadiu Baltar- afondando nos vínculos históricos, culturais, sociais e naturais que temos entre Ourense e Portugal como pobos irmáns”. Neste sentido, abondou, o autobús non só visitará os cinco concellos da provincia e do norte portugués que integran o programa europeo -Lobios, Bande, Muíños, Cortegada, Melgaço e Terras de Bouro- “senón que viaxará cara outras importantes capitais como Porto, Vigo, A Coruña ou Santiago de Compostela”. O percorrido rematará en Ourense, coincidindo coa celebración da feira Termatalia os días 16 e 17 de setembro.

O presidente provincial tamén subliñou outra das novidades que inclúe esta iniciativa, como a participación dos vinte titulados universitarios que foron becados coas bolsas Erasmus Rural, “destinadas a xente moza para estudar e divulgar o noso territorio e os seus recursos reforzando a atención aos turistas, iniciativa que é consecuencia directa doutro proxecto financiado polo Fondo Social Europeo, o programa EmpredOU, polo que máis de cen mozos e mozas menores de 35 anos puxeron en marcha proxectos de autoemprego ou emprendemento no seu concello de residencia, axudando a fixar poboación, emprego e riqueza no rural”.

“Raia Termal en ruta” incorpora unha segunda novidade: unha oficina de turismo dixital que a través de códigos QR permitirá descargar desde un mapa a unha colección de postais cos recursos turísticos máis importantes do territorio, pasando por vídeos promocionais ou ata un cómic ambientado nos municipios transfronteirizos que conforman o proxecto. Non obstante, o elemento dixital máis importante radica na posibilidade de facilitar aos balnearios, empresas e administracións locais a transformación dixital da súa oferta, permitindo aos viaxeiros reservar e comprar a través de internet os servizos turísticos da área transfronteiriza.

O proxecto Raia Termal, que estará presente en próximas feiras do sector, ten como obxectivo poñer en valor os espazos naturais e fomentar un turismo termal de calidade, nacional e internacional, nos ámbitos relacionados co lecer, a saúde e o patrimonio, favorecendo a actividade económica das poboacións limítrofes de Ourense e o norte de Portugal. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg, ademais dos concellos citados tamén participan como socios a Deputación de Ourense e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.