Rairiz de Veiga e Porqueira, tardan mais de un ano en pagarlle aos seus provedores, Os Blancos dous anos

134
Rairiz de Veiga e Porqueira, tardan mais de un ano en pagarlle aos seus provedores, Os Blancos dous anos

Lobeira, Sandiás, Vilar de Santos, Baltar e Entrimo fano en menos do tempo legal de 30 dias

Segundo se pode comprobar no informe de setembro do Ministerio de Hacienda, hai moita disparidade de niveis de pago a provedores dentro dos concellos da Limia. Ademais de pagar en menos dos 30 dias legais os concellos de Lobeira, Sandiás, Trasmiras, Vilar de Santos e Entrimo, aparecen con débeda CERO.

Entre os 30 e 60 dias están os concellos de Sarreaus, Villar de Barrio e Bande. Xinzo de Limia aparece cos pagos a 141 días, baixando en trinta días dende o informe do trimestre pasado.

XINZO CASE O DIA

Postos en contacto co Tte. Alcalde López Casas indicoulle a dendealimia, que nestes momentos, dous meses despois do informe de Hacienda o Concello está pagando case que ao prazo legal.Cree que neste momento están pagadas tódalas facturas de setembro e mais da metade de outubro.

A situación do concello cambiou tanto nos últimos anos, que neste momento os provedores xa lle fían, cuestión que fai 4 anos era moi distinta.

REBAIXA DA DÉBEDA DUN 138 A UN 68%

No remate deste ano o Concello de Xinzo, segundo o seu alcalde vai a quedar cun endebedamento do 67%. Cando esta corporación con el a fronte se fixo cargo da xestión estaba nun 138%. Todo isto, hai que recoñecer, continúa decindo que se puido facer coa colaboración do persoal, ao que se lle rebaixou os salarios un 15% e a subida dos impostos, necesaria e obrigada polo plan de axuste do Ministerio de Hacienda.

Rairiz de Veiga pasou no último trimestre no que o retraso era de 320 dias a 385. Se as contas non fallan, quere dicirse que niste trimestre non fixeron fronte a ningún pago de provedores. Séguelle Porqueira que no informe do mes de xuño tardaba 329 dias. No informe de Setembro, non aparece. Cecais sexa que xa pagaron toda a deuda nestes tres meses. Os primeiros postos no ranquin correspóndelle aos concellos de Os Blancos con 844 días segundo o informe de Xuño e o concello limítrofe da Limia, A Bola con 454 dias.