O Rallycross de Montealegre non acabou ben para moitos afeccionados

controles guardia civil
O Rallycross de Montealegre non acabou ben para moitos afeccionados

Encontran droga en tres coches rexistrados onte

Os controis foron feitos pola garda civil nas estradas de Xinzo a Baltar e Calvos

De 47 probas de drogas a condutores, 16 foron positivas.

57 condutores foron sancionados por exceso de velocidade e cinco deron positivo en alcoholemia. Este foi o resultado do operativo que a Garda Civil de Tráfico, montou no sábado por mor dunha proba automobilística celebrada en Montalegre.

O operativo, que nalgún caso incluíu a inspección e rexistro dos coches, deu tamén como resultado tres actas de incautación de drogas, concretamente marihuana e hachis, segundo fontes oficiais.