Ramiro Rodríguez, non será o candidato do BNG nas próximas municipais

Ramiro
Ramiro Rodríguez, non será o candidato do BNG nas próximas municipais
O Novo candidato ou candidata será elexido nunha asemblea extraordinaria
O Bloque da vila antelana ten citada á súa militancia e base de simpatizantes para mañá, mércores 31 de agosto ás 21.30, no seu local para celebrar unha asemblea extraordinaria cun único punto na Orde do día, a elección da persoa que lidere a candidatura do Bng nas eleccións municipais de 2023. Coa consabida renuncia a encabezar a lista do actual representante e membro da corporación municipal, Ramiro Rodríguez, o Bloque de Xinzo de Limia comeza un camiño de renovación comenzando polo relevo na súa figura máis pública. A asemblea escollerá á persoa que representará ao Bng no curso político que comeza nos próximos días. Dado o momento actual que vive o Bloque, do que a vila de Xinzo non é alleo, prevese unha alta participación na mesma debido o aumento da base de simpatizantes e militantes que leva experimentando esta organización nos últimos tempo