Rebelión nunha granxa de Parada de Ribeira

IMG-20170503-WA0004
Rebelión nunha granxa de Parada de Ribeira

Ao estilo do filme \“Babe el cerdito valiente\” uns cantos animais, todos eles domésticos pertencentes a unha pequena granxa do pobo de Parada de Ribeira, decidiron esta tarde abandonar as súas instalación para darse unha volta polo pobo.

A media tarde algún veciños percatáronse de que un porco, totalmente domado, varias ovellas e algún que outro animal, todos eles pertencentes a un veciño, decidirán darse un paseo polas rúas do pobo e corretear entre os propios veciños.

Estes veciños avisaron a Protección Civil de Xinzo. Acudiron ata o pobo para axudar ao \“rescate\” dos animais, sen que nin veciños, nin os propios animais sufrirán o mais mínimo raspuño. Todo quedou nun paseo e a proba de algún que outro bocado, fora de lugar.