Fitoagraria s.l. organiza unha sesión de traballo para comunicar ós agricultores ós últimos cambios lexislativos
A xornada de traballo vai dirixida a tódolos agricultores profesionais e contará coa presenza de técnicos de sanidade vexetal da Consellería de Medio Rural ademais de técnicos das firmas sygenta e de Sigfito.
Os temas a desenrolar polos técnicos serán as últimas normativas que entran en vigor con respecto a “Diferenciación na recollida de envases fitosanitarios”, o “Aumento nas exixencias no caderno de explotación” e a propia firma limiá presentará o “caderno de campo dixital”.
Unha vez rematadas as charlas informativas os agricultores farán unha visita o laboratorio de análises da terra do INORDE.