As reclamacións de Xinzo Adiante

IMG_5422
As reclamacións de Xinzo Adiante

O XA reclama o arranxo do iluminado público

Xinzo Adiante expón que:

Que en reiteradas ocasións na quenda de rogos e preguntas do Pleno, así como verbalmente en Comisión Informativa, informamos ao grupo de goberno de deficiencias nalgún punto de luz que non foron subsanadas. Referímonos nestes caso á farola situada na Rúa Río Arnoia, á altura do número 11, que leva máis de dous anos sen tapa superior e co cableado ao aire, co perigo que isto pode supoñer. Ademáis, hai que indicar que dende hai máis dunha semana os dous puntos de luz situados no cruce entre as rúas Río Arnoia e Río Sil, a ambas beiras do paso de peóns, non iluminan co cal a visión nese punto da nosa vila é nula. Así, dos catro puntos de luz situados ao lado ou en fronte do “Multicentro” na fachada que dá á Rúa Río Arnoia, só un se atopa en perfecto estado, dous están fundidos e outro presenta as devantidas deficicencias.

Consideramos que, unha vez máis, a deixadez do grupo de goberno é palpable, neste caso, para facer que a empresa concesionaria do servizo de mantemento do iluminado público cumpra co labor que ten encomendado.

Para isto, Xinzo Adiante solicita que:

Se subsanen as deficiencias antes mencionadas e se proceda á revisión dos puntos de luz sitos no concello, para detectar as posibles deficiencias existentes e proceder ao seu arranxo.

Que se elabore e se nos remita un informe que detalle as actuacións realizadas pola empresa encargada dos labores de mantemento e conservación do iluminado público, así como o grao de cumprimento das condicións contractuais por parte desa empresa. E tamén un estudo que xustifique a procedencia de seguir mantendo externalizado o servizo, en relación co custo do mesmo respecto ao servizo ofrecido pola empresa concesionaria e que especifique cal é o aforro e as ventaxes para o concello que presenta o feito de seguir mantendo este servizo externalizado fronte á realización destes labores directamente por parte do concello, con persoal propio.