Reclamamos un protocolo de actuación claro para casos como o da rúa do Peto

IMG_20190126_162205
Reclamamos un protocolo de actuación claro para casos como o da rúa do Peto

Nas obras de mellora que se están a realizar na Rúa do Peto foron destapados novos restos arqueolóxicos dos que se descoñece a datación e están pendentes de valoración pol@s expert@s. Hoxe rexistramos un escrito no Concello solicitando que se estuden as opcións para que poidan ser conservados, postos en valor e utilizados como reclamo turístico e cultural da nosa vila.

Xinzo ten interese para o turismo porque conta cun patrimonio inmaterial inigualábel: o Entroido, mais non podemos dicir o mesmo, por falta de valorización, do patrimonio material: Mosteiro de Trandeiras, Torre de Pena, etc. e achados, como os da rúa do Peto e outras, que aparecen a poucos centímetros por baixo dos nosos pés. Contamos con zonas extensas cheas de xacementos que nos falan de asentamentos prerromanos, romanos, do medioevo, ata a actualidade.

No pleno ordinario de 30/08/2007 aprobouse, por unanimidade, a creación dunha Comisión Especial multidisciplinar para propoñer accións concretas que permitiran a posta en valor do noso patrimonio. A data de hoxe esta comisión fica sen constituir.

Desde o BNG defendemos que Xinzo debería contar cun protocolo de actuación para todo o concello, con especial atención ao casco histórico da vila, que definira o procedemento e as medidas a implementar sobre os achados arqueolóxicos descubertos como resultado da execución de obras públicas ou privadas.