Recolleron o niño máis grande de velutinas

IMG-20180912-WA0016
Recolleron o niño máis grande de velutinas

Onte a noite en Baronzás

Os veciños da recta que une Xinzo con Baronzás sorprendéronse onte a noitiña co resplandor das luces de policía local e bombeiros.

IMG-20180912-WA0020

Ata unha das casas situadas no medio e medio da recta desprazáronse dúas dotacións de bombeiros do parque de Xinzo, unha dotación da policía local e un equipo de Protección Civil que foi o encargado de baixar do carballo no que se atopaba o niño máis grande de “velutinas” que se levan recollido neste verán na Limia, segundo manifestaron as persoas que cos traxes adecuados para a recollida pertencentes a protección civil de Xinzo, fixeron o traballo, iso si axudados polo coche escaleira dos bombeiros e coa colaboración da policía local, encargándose da seguridade, tanto dos coches que circulaban, como dos moitos curiosos que ao ver os destelos dos coches se acercaron para ver o que alí pasaba.

IMG-20180912-WA0016-2