Unha recompilación de máis de dez mil quilos de tapóns de plástico para unha cadeira de rodas

tapons solidarios
Unha recompilación de máis de dez mil quilos de tapóns de plástico para unha cadeira de rodas

A inciativa partiu das Novas Xeracións do PP en Xinzo

As Novas Xeracións do PP de Xinzo levaron a cabo unha iniciativa solidaria de recollida de tapóns de plástico. O fin é conseguir unha cadeira de rodas para un mozo da Limia que por motivos económicos non pode adquirila. Así as NNXX conseguiron reunír 15 mil quilos de tapóns coa axuda de diferentes establecementos da Limia e tamén da man de particulares.

A semana vindeira o material recollido será entregado a unha empresa de plásticos que vai valorar a cantidade de diñeiro equivalente. O seguinte paso é facer o ingreso para que este rapaz poida conseguir a súa cadeira de rodas.

O presidente das Novas Xeracións. Jose Antonio Parente, quere agredecer a todo mundo que fixo posible levar a cabo este proxecto solidario, e anuncia que haberá máis iniciativas como esta nun futuro.