viernes. 03.02.2023

Recoñecemento ao alumnado do CEMUS de Xinzo

Alumnos do Conservatorio Municipal de Xinzo porán a música ao acto de entrega de premios do Concurso sobre a Constitución

284507219_3263002307270845_7327253211373742406_n
Inauguración da praza da música (Foto páxina conservatorio)

A actuación tamén contará coa colaboración de integrantes da Escola Municipal de Gaitas e Percusión

No 44 aniversario da Constitución, os alumnos e alumnas do Conservatorio Municipal de Xinzo de Limia demostrarán todo o seu talento. Porán a música na entrega de premios da terceira edición do Concurso que premia a aqueles nenos e nenas que mellor plasmen en debuxos ou escritos a súa visión sobre a democracia. O acto institucional celebrarase mañá no Auditorio Municipal de Ourense, a partir das 12.00 horas e ao acto asistirá a alcaldesa, Elvira Lama.

Os músicos do Conservatorio Municipal de Xinzo de Limia tocarán temas de Bach, Mendelssohn ou Piazzola e unha trintena de músicos e 19 coristas, acompañados de seis profesores, interpretarán o Himno de Galicia e o Himno Nacional de España. Tamén contarán coa colaboración da Escola Municipal de Gaitas e Percusión. 

Máis en concreto e segundo o programa, Eugenia Álvarez, Claudia Opazo e Lucia Xiao interpretarán Aria de la Suite para orquestra N3 en Re Mayor, de Johann Sebastian Bach. Carla Bolaño, María Estévez e Sara Ferreiro tocarán Koncertstücke N2 Op. 114 1er movemento, de Mendelssohn e Lucía Xiao e Lucía Rodríguez ofrecerán Oblivion, de Astor Piazzolla.