REGRESAN OS VERMÚS DO BNG EN XINZO DE LIMIA

Os vermús do BNG
REGRESAN OS VERMÚS DO BNG EN XINZO DE LIMIA

O Bng de Xinzo bota a andar no outono a segunda fase dos vermús que protagonizaran a escena rural limiá no verán.

Entre maio e xullo, cerca de vinte pobos do concello de Xinzo de Limia fixeron análise da súa situación e oportunidades da man do Bng local, quen se reuniu con toda a área sur do municipio para recoller as súas demandas e estudar solucións.

Estas accións de dinamización comunitaria enmárcanse na campaña “Os vemús do Bng” que alcanzara o seu ecuador o 25 de xullo, facéndoo coincidir coa romería da Limia.

Así as cousas, o equipo liderado polo responsable local, Carlos Pérez, e o coordinador da campaña, Camilo Vila, elaborou unha síntese que o edil do partido nacionalista e concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, trasladou ó Grupo de Goberno. Este material recolle as necesidades específicas recollidas directamente da veciñanza.