Os Reis Magos de Oriente chegaron a Xinzo de Limia

cabalgata
Os Reis Magos de Oriente chegaron a Xinzo de Limia

As baixas temperaturas e a choiva non impediron que as súas maxestades chegaran a Xinzo para recoller tódalas peticións dos máis cativos.

musica

Pasadas as 17h e coa música da Agrupación Musical da Limia, chegaban Melchor, Gaspar e Baltasar á praza Carlos Casares.

Foron recibidos por un grupo de nenos e nenas que os acompañaron no seu percorrido. A cabalgata partiu da Casa da Cultura e pasou polas principais rúas da vila.

O percorrido rematou no pavillón de deportes ateigado de rapazas e rapaces cos seus respectivos acompañantes

. xnte

Moitos nervios había no interior por ver chegar ós Reis Magos que cando entraron foron directamente a saudar a tódolos cativos que os esperaban. Formouse unha longa ringleira para falar coas súas maxestades de Oriente.

Mesturábanse no ambiente as peticións de uns e outros, dende os máis esixentes que pedían agasallos ata os máis conformistas que pedían caramelos. Entre todos e todas unha consigna común, portáronse ben durante todo o ano e por iso agardan recibir os presentes que lles pediron a través da tradicional carta.

Agora cabe esperar a que chegue o mércores para abrir os paquetes e gozar dos regalos antes de voltar ás clases.