Rematada a limpeza de máis de mil contedores do casco urbano e do rural de Xinzo

contedores
Rematada a limpeza de máis de mil contedores do casco urbano e do rural de Xinzo
Limpáronse un total de 720 de cor verde e 307 amarelos, adicados estes últimos á reciclaxe de plástico, latas e bricks.

Máis de mil contedores do casco urbano e do rural de Xinzo de Limia foron sometidos a unha profunda limpeza nos últimos días. Os encargados de realizala foron os operarios da Deputación de Ourense, á que o Concello ten delegada a recollida. A actuación realízase unha vez ao ano na totalidade dos recipientes do municipio e unha segunda vez nos do núcleo urbano. A actuación contribuirá ao mantemento dos recipientes. En concreto, limpáronse un total de 720 de cor verde e 307 amarelos, adicados estes últimos á reciclaxe de plástico, latas e bricks.