lunes. 25.09.2023

As doce da mañá comezou a última sesión gastronómica en ALIMAGRO coa elaboración e posterior degustación de tres pratos elaborados polo cociñeiro do Hotel AC OCA de Allariz, Gerson Iglesias.

PROXECTO LEADER EUROCHEFF

Público atento as explicacións do cociñeiro

Estas xornadas gastronómicas que se levaron a cabo na feira están promocionadas polo GDR- Limia Arnoia, dentro do proxecto Leader Eurocheff.

Este proxecto pretende por en valor os recursos gastronómicos do territorio e dinamizar a vez o turismo.

A técnica responsábel da oficina do GDR en Xinzo, foi a encargada de presentar ao público asistente o cociñeiro así como a elaboración que ían presenciar e degustar.

Presentación da xornada

O público asistente atendeu moi entusiasmado as explicacións do cociñeiro, e por suposto degustou con moito pracer as elaboracións feitas na feira de ALIMAGRO 2023.