Remataron as xornadas de inserción sociolaboral da mocidade

455
Remataron as xornadas de inserción sociolaboral da mocidade

Foron impartidos polo CDR O Viso

Cos obradoiros de activación sociolaboral nos IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía púxose fin esta semana ao Proxecto \“Constrúe o teu futuro\” a través do cal quixeron fomentar a activación da xuventude limiá.

Este proxecto está subvencionado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social - Xefatura Territorial do Servizo de Xuventude e Voluntariado - Orde do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas na programa Iniciativa Xove.

454

As actividades consistiron nunha atención individualizada e personalizada onde se lle orientou aos participantes cara a formación e a busca de emprego dende o Centro de Información Xuvenil de Xinzo de Limia, e tamén desenvolveron actividades grupais de orientación laboral ao longo do ano tanto nas súas instalacións de Lodoselo como nalgúns espazos públicos de Xinzo de Limia.

Aínda que remataron as actividades grupais, este é un proxecto de continuidade e no Centro de Información Xuvenil seguirán asesorando tanto á mocidade como á poboación xeral sobre cuestións de formación e emprego.