Rematou o certame de teatro de Nadal do grupo ANEIS

IMG_0384
Rematou o certame de teatro de Nadal do grupo ANEIS

Cunha obra do grupo de Sénior da asociación

Na terceira representación teatral levada a cabo polo grupo ANEIS, tocoulle rematar o ciclo aos Sénior do grupo cunha obra cómica. A representación como as anteriores levaronse a cabo no auditorio da Casa da Cultura. Ante un público moi familiar os actores, recibiron ao final da representación o afecto e a aprobación de todos en forma de aplausos.

cats

Os membros do grupo seguen estes dias a facer representacións de Nadal polos pobos acompañando o carteiro Real no denominado Nadal polos pobos organizado por primeira vez , este ano, pola Concellería de Cultura.