Rematou o curso de cestería de Sandiás

1
Rematou o curso de cestería de Sandiás

Durante tres fins de semana 14 veciños de Sandiás dirixidos por Rubén Berto fixeron o curso de iniciación en cestería tradicional.

Segundo as manifestacións feitas polo profesor pontevedrés os alumnos e alumnas deste curso, non solo fixeron o curso de iniciación, se non que grazas o esforzo realizado durante os 3 fins de semana, chegaron a adquirir a destreza e coñecementos suficientes para rematar no mesmo, traballos de cestas mixtas e canistrelos, que noutros cursos fanse nos de perfeccionamento.

2

As cestas mixtas confecciónanse con madeira e vimbio e o canistrel tradicional da comarca da Limia, solo con vimbio.

O curso de 30 horas foi subvencionado ao 100% polo GDR 10 Limia-Arnoia.