Rematou o II Festival de Bandas de Xinzo cun grande éxito musical e de público

II Festival banda gaitas 2016
Rematou o II Festival de Bandas de Xinzo cun grande éxito musical e de público

Nunha noite, coa temperatura adecuada celebrouse por segundo ano consecutivo o festival de Bandas de Gaitas que organiza a Concellería de Cultura coincidindo co calendario das festas de Xinzo.

Este ano ademais das tres bandas representativas de Xinzo, acudiron como invitadas a Nova Era de Verín e a Banda de gaitas de CANDAS, en Oviedo.

Durante máis de dúas horas o acordes das gaitas e tambores fusionados con instrumentos electrónicos fixeron as delicias do moito público asistente ó certame.

Unha vez máis quedou demostrado o potencial da vila nesta actividade artístico-musical, na que a canteira cóntase por centos.